XXIX Festival de Jazz de Lugo, do 9 ao 16 de novembro do 2019

Luis Verde Cuarteto

AIEnRUTa Jazz
Xoves 14 de Novembro
23:00 H
Club Clavicémbalo5.00 €
  • Luis Verde: saxo alto
  • Alberto Brenes: batería
  • David Sancho: piano
  • Dario Guibert: contrabaixo

Tralo éxito recollido cos seus dous anteriores traballos discográficos, World of Distractions (Youkali Music, 2012) e In Lak'ech Hala K'in (FSNT, 2015), Luis Verde continúa exhibindo una curiosidade perpetua na procura de horizontes sen explorar. Esa personalidade inquieta permitiulle plasmar no último álbum unha música profundamente paisaxística, atrevida e sorprendente, un son cálido e vibrante impregnado dunha orixinalidade rítmica extraordinaria. A banda, formada por catro eminentes músicos da nova escena jazz europea, desborda enerxía en vivo. Mostra unha tremenda liberdade interpretativa e consegue xerar un vínculo realmente profundo co oínte.

-

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL