XXVII Festival de Jazz de Lugo

Magos Herrera

Mércores 15 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €

Magos Herrera Quartet

Magos Herrera, cantante, compositora e produtora con máis de vinte anos de carreira musical no ámbito do jazz, é unha vocalista consagrada na escena contemporánea e latinoamericana deste xénero. De voz fermosa e expresiva, faise amplamente coñecida pola súa capacidade de improvisación e o particular estilo de fusiona-lo jazz moderno con melodías e ritmos latinoamericanos. Orixinaria de Cidade de México e residente en Nova York, colaborou en creacións como Stones World: The Rolling Stones Project II eThe Music of Chick Corea. Dos seus discos, cabe subliñar Distancia (2009), nomeado para os premios Grammy internacionais; México Azul (2011), no que rende homenaxe ao repertorio da época de ouro do cine mexicano e Dawn (2014), xunto co gañador de múltiples Grammy, produtor e guitarrista Javier Limón. No 2015 grava de novo con Limón, desta volta o DVD He for She (2015) enmarcado na campaña homónima a favor da igualdade de xénero, no cal, ademais, participaron Fito Páez, Eugenia León, Grégoire Maret e Chabuco entre outros. Magos Herrera é portavoz de ONU Mujeres e exerceu un papel importante nas campañas Únete, orientadas a acabar coa violencia de xénero. Foi a primeira muller en recibi-lo Master of Latin Music Award (2015), que outorga o Berklee College of Music, pola súa contribución ao desenvolvemento e exhibición da música latinoamericana.

  • Magos Herrera: voz
  • Luis Guerra: piano
  • Reinier Elizarde "Negrón": contrabaixo
  • Georvis Pico Milián: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL