XXIX Festival de Jazz de Lugo, do 9 ao 16 de novembro do 2019

Marcos Teira Quinteto NÓs

Fundación SGAE
Mércores 13 de Novembro
23:00 H
Club Clavicémbalo5.00 €

Marcos Teira Quinteto NÓs

(Premio Martín Codax da Música 2019) Transcorridos vinte e cinco anos desde a edición do seu primeiro disco, durante os cales actuou en escenarios de medio mundo, o guitarrista da Pobra, Marcos Teira, presenta a última creación, que titula NÓs e pecha, despois de Solo e Flamenco Translations, «o triángulo inscrito na circunferencia» arredor da idea de traducir, adaptar e recolocar músicas partindo da linguaxe da guitarra flamenca. Traballo máis colectivo que os dous anteriores, nel participan músicos que sintonizan coa idea orixinal e achegan a personalidade propia a esta busca sonora. Corda e madeira son os elementos fundamentais.

  • Marcos Teira: guitarra
  • Alfonso Calvo: baixo
  • Moisés Fernández: percusión
  • Isaías Salazar: baile
  • Alejandro Vargas: piano

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL