XXVII Festival de Jazz de Lugo

María Toro Project

Martes 14 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €

María Toro, unha frautista e compositora galega que vive en Río de Janeiro pero que traballa, ademais, en Suíza, A Coruña, Madrid e Nova York, acaba de producir e gravar na cidade dos rañaceos, acompañada por coñecidos intérpretes, un disco de composicións e arranxos propios no que fusiona jazz e flamenco. Coruñesa do 1979, leva a frauta posta desde os oito anos e aos vinte e tres deixou a súa cidade, á cal volve cando pode. Tras concertos por medio mundo, gravou A contraluz, o seu primeiro traballo en solitario, xunto con xigantes do jazz como o pianista Jean Michel Pilc, o batería Justin Brown e o baixista Ben Street, unha contribución que completa (desde Europa) con músicos amigos do flamenco como Yelsi Heredia, Israel Varela e Andreas Arnold.

  • María Toro: frauta
  • Antonio Miguel: contrabaixo
  • Shayan Fathi: batería
  • Daniel García Diego: piano

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL