XXVII Festival de Jazz de Lugo

Mariola Membrives "Omega 20.16"

AIEnRUTA JAZZ 2017
Venres 17 de Novembro
23:55 H
Club Clavicémbalo10.00 €

Cantante, actriz, artista multidisciplinaria, Mariola Membrives comezou este traballo como un encargo para unha homenaxe polo vinte aniversario da publicación do disco OMEGA de Enrique Morente. Para el, reúne unha banda formada por algúns dos músicos máis representativos da escena jazz e flamenca deste país co obxectivo de interpretar e gozar esta creación que significou o inicio dunha nova era no universo flamenco. En forma de réquiem, con textos marabillosos dun Lorca surrealista e escuro e dun Cohen namorado do flamenco, volvemos encontrarnos cunha obra que continúa servindo á inspiración vinte anos despois.

Estudou nas escolas de Cristina Rota e Gina Piccirilli e é profesora de cante flamenco no Taller de Músics. Membrives é, ademais, a cantadora do novo espectáculo de La Fura dels Baus, Frebach 212. Participou nas bandas sonoras de películas como Blancanieves e La estrella. Arriscou no 2014 editando un disco propio, Llorona, no que a súa voz se acompañaba unicamente polo contrabaixo de Masa Kamaguchi... Cancións populares, como a que dá título ao álbum, mestúranse con temas de Mariola e de Spinetta, Lole e Manuel e Javier Ruibal. Un traballo que deita emoción da desbordante e da contida e que a relaciona con artistas como Silvia Pérez Cruz, Rocío Márquez e Rosalía.

  • Mariola Membrives, voz
  • Oriol Roca, batería
  • Masa Kamaguchi, contrabaixo
  • Oliver Haldon, guitarra
  • Voro García, trompeta

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL