XXVI Festival de Jazz de Lugo

Maureen Choi Quartet

Luns 14 de Novembro
20:00 H
Casa do Saber USCEntrada libre ata esgotar localidades
  • Maureen Choi: violín
  • Daniel García: piano
  • Mario Carrillo: contrabaixo
  • Michael Olivera: batería

Nacida en Michigan (Estados Unidos), Maureen Choi é unha violinista e compositora de extraordinario talento. De raíces coreanas, recibiu a súa sólida formación clásica na Michigan State University e estudou jazz no Berklee College of Music. Cun dominio maxistral do seu instrumento, Maureen propón o que ela chama latin jazz made in Spain, unha mestizaxe baseada no jazz e maila música española e latinoamericana. Rodney Whitaker describiuna así: «a nova gran voz do violín de jazz».

O grupo Maureen Choi Quartet nace en setembro do 2012 coa chegada da violinista a España, onde compaxina a actividade musical coa docente nas prestixiosas Berklee College of Music –Valencia– e Escuela de Música Creativa –Madrid–.

Maureen Choi Quartet, moito máis que jazz e música latina; o seu espectáculo en directo é unha apaixonante viaxe polo folclore español e latinoamericano co violín como voz principal e co jazz, a improvisación e a delicadeza da música clásica por vehículos de expresión.

O seu último traballo musical, Ida y vuelta, no que colaboran grandes figuras do
talle de Pepe Rivero e Javier Colina, plasma á perfección a orixinalidade da súa idea e foi recibido con tremendo éxito de crítica.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL