XXVII Festival de Jazz de Lugo

Melissa Aldana Quartet

Domingo 19 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €

Falar de Melissa Aldana é falar dun referente no mundo do saxofón actual. Esta chilena, filla e neta de famosos saxofonistas do seu país, comezou a tocar de nena e culminou os seus estudos na Berklee School of Music. Gravou, no 2010, o seu primeiro álbum, Free Fall. No 2012 lanza o segundo traballo discográfico, Second Cycle, e un ano máis tarde, con só 24, converteuse na primeira muller instrumentista e o primeiro músico suramericano en gaña-la Thelonious Monk International Jazz Competition, a máis importante no mundo do jazz e de cuxo xurado formaban parte, nesa edición, músicos do prestixio de Wayne Shorter e Branford Marsalis. O seu último álbum, Back Home, editouno en 2016.

  • Melissa Aldana: saxo
  • Pablo Menares: contrabaixo
  • Tommy Crane: batería
  • Sam Harris: piano

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL