XXVII Festival de Jazz de Lugo

Michael Olivera Group

Special guest: MUNIR HOSSN & MIRYAM LATRECE (AIEnRUTA JAZZ 2017)
Mércores 15 de Novembro
23:30 H
Club Clavicémbalo5.00 €

Michael Olivera é un dos baterías máis relevantes no panorama musical cubano e español. Pasaron catro anos desde a chegada a Madrid de quen xa tocou con artistas do talle de Alfredo Rodríguez (Quincy Jones Artist), Javier Colina, Sting, Esperanza Spalding, Tomatito, Perico Sambeat, Miryam Latrece e moitos outros. Tras ser batería, produtor e arranxista en diversos discos, Michael Olivera decide, no 2016, emprende-lo traballo como líder que deu á luz o seu primeiro disco titulado Ashé. Acaba de grava-lo último, Oasis. Batería, percusionista e produtor, comezou a desenvolver, na compaña de músicos da súa xeración como Ariel Bringuez e Reinier Elizarde Negrón, un estilo único e particular na maneira de concibi-lo instrumento e a música en si; adoptou un punto de vista novo para a improvisación e mailo acompañamento.

  • Munir Hossn: baixo eléctrico
  • Ariel Brínguez: saxo tenor, soprano
  • Daniel García: piano
  • Miryam Latrece: voz
  • Michael Olivera: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL