XXVIII Festival de Jazz de Lugo

Moisés P. Sánchez Cuarteto

concerto AIEnRUTa-JAZZ
Mércores 14 de Novembro
23:30 H
Club Clavicémbalo5.00 €

Áchase en Moisés P. Sánchez o músico inquieto e ecléctico, coñecedor e «gozador» dun grande espectro de xéneros musicais. Un dos valores máis importantes do jazz europeo actual cun currículo de sobresaíntes e innumerables creacións como pianista, compositor e produtor. A súa peculiar maneira de entender e estuda-la música impúlsao a adquirir unha ampla perspectiva sobre a improvisación, os arranxos, a harmonía e a compo¬sición. Toca diversos esti¬los —rock sinfónico dos setenta, música clásica, música contemporánea— que incorpora ao seu, interpreta composicións nas que vibra un anhe¬lo de desenvolvemento sinfónico, unha arela de grandes estruturas. Músicos como Bill Evans, Keith Jarrett e Brad Mehldau configuran o piar básico das súas influencias jazzísticas. Conta con cinco discos editados que celebraron crítica e audien¬cia: Metamorfosis (2017), Soliloquio (2014), Ritual (2012), Dedication (2010) e Adam the Carpenter (2007). Participou en gravacións e directos, en agrupacións e obras, con mú¬sicos de gran excelencia e innovación como John Adams, Orquesta Nacional de Espa¬ña, Plácido Domingo, Benny Golson, Jorge Pardo, Chuck Loeb, Eric Marienthal, Wolfgang Haffner, Javier Vercher, Pablo M. Caminero, Javier Paxariño, Carmen París, Pasión Vega, Nach, Ara Malikian, Fernando Egozcue, Chema Vílchez, Albert Vila e, aínda, un longo etcétera.

Moisés P. Sánchez: piano

Toño Miguel: contrabaixo

Shayan Fathi: batería

Cristina Mora: voz

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL