cartel XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022

Mr River

Sábado 19 de Novembro
23:45 H
Club Clavicémbalo10€ a entrada para os dous concertos da noite

Mr. River

Formouse en Pontevedra a finais do 2017, naceu da fusión de diferentes xéneros musicais como jazz, rock, blues, flamenco, funk e música tradicional galega con influencias de músicos e bandas como Joe Satriani, Steve Vai, Andy Timmons, Scott Henderson, Pat Metheny, Chick Korea, John Scofield, Larry Carlton, Jaco Pastorius, Marcus Miller, Victor Wooten, Dave Weckl, The Aristocrats, etc. MR. RIVER crea unha diversidade de obras orixinais baseadas nas experiencias e sentimentos do compositor e dá lugar a un estilo propio chamado river style (son americano feito en Galicia).

  • Miguel Del Río: composición e guitarra
  • Santi Mar San: baixo
  • Manuel Bastón Lamas: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL