XXVII Festival de Jazz de Lugo

Odojazz

Venres 17 de Novembro
23:00 H
Club Clavicémbalo10.00 €

ODOJAZZ é unha idea innovadora e diferente construída a partir da combinación da tradición jazzística e a música clásica occidental. Asenta as súas bases sobre un repertorio de ilustres standards do jazz (Cole Porter, George & Ira Gershwin, Billie Holiday…) para alza-lo voo sobre unha elaboradísima, detallada e precisa escritura de arranxos, que, á maneira do jazz escrito —non improvisado—, do Ragtime e das Big Bands tradicionais, deixa ao cuarteto unha marxe mínima para a improvisación; priman, en cambio, a perfección e a precisión da interpretación colectiva, próximas á música de cámara, que acentúan unha moi peculiar disposición das voces a miúdo máis clásica que jazzística.

  • Pilar Gual: voz
  • Laura Villa: clarinete
  • Susana Rico: violonchelo
  • Arturo Ballesteros: piano

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL