XXVI Festival de Jazz de Lugo

Paco Charlín & Marcos Pin

Ho! jazz vermú
Sábado 19 de Novembro
13:30 H
Ho! GrufEntrada libre

Paco Charlín & Marcos Pin

Paco Charlín nace en Vilanova de Arousa no 1975. A súa formación musical comeza aos 8 anos de idade con profesores privados e continúa en diversas escolas de música. No ano 1996, obtén dúas becas da máis prestixiosa universidade de jazz e música moderna do mundo, o Berklee College of Music, e trasládase a Boston, Massachusetts (USA), para perfecciona-los seus estudos. Cabe destaca-la súa dobre licenciatura en Bass Performance & Jazz Composition con mención honorífica Magna Cum Laude e o premio Charles Mingus Award of Outstanding Musicianship -concedido pola universidade ao músico mais destacado de cada promoción- no ano 2000. Ademais, nese mesmo ano participa no XXIV Festival Internacional de Jazz de Getxo e é merecente do segundo premio.

Téñeno acompañado en concertos e gravacións: Mark Turner, Sheila Jordan, Orrin Evans, Chris Cheek, Steve Kuhn, Ambrose Akinmusire, Perico Sambeat, Donald Edwards, Miguel Zenón, Chano Domínguez, Taylor Eigsti, Paquito D’Rivera, Marcus Strickland, Jonathan Kreisberg, Walter Smith III, Bernardo Sassetti, Jonathan Blake, Aaron Goldberg, E.J. Strickland, Logan Richardson, Sam Harris, Frank Lacy, Myron Walden, Mark Whitfield Jr., etc. Actualmente, compaxina a súa carreira coa docencia no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJ).

Marcos Pin nace en Lugo no 1974. Comeza a toca-la guitarra a unha idade temperá pero non amosa interese especial polo jazz ata a súa adolescencia tras descubrilo grazas á radio. Xa nas redes do jazz, estuda en Santiago de Compostela en Estudio, Escola de Música, única da época, en Galicia, dedicada á divulgación deste xénero. Múdase a Holanda, e finaliza Cum Laude os seus estudos de guitarra jazz no Royal Conservatory da Haia á vez que desenvolve un importante labor como músico de jazz nas innumerables venues holandesas. Estuda tamén composición e arranxos no conservatorio de Amsterdam. En Holanda coñece a infinidade de músicos cos que colabora; co saxofonista grego Thanos Athanasopoulos a colaboración é moi estreita, ambos cumpren máis de dez anos traballando xuntos en Athanasopoulos / Pin Jazz Quartet.

Pin tocou en gran número de clubs e festivais. Destacan na súa carreira escenarios de renome como o Alice Tully Hall, Lincoln Center -NY- e festivais como North Sea, Voorschoten, Imaxinasons, Ciclo 1906 e un longo etc. No ano 2013, Pin estivo nomeado aos Premios Martín Codax na categoría Mellor Proxecto de Jazz. Actualmente, lidera o seu propio trío, o cuarteto Organic Collective xunto ao batería Carlos López e o decateto Factor E-Reset. Traballa como prestixioso sideman en España e, por suposto, segue tocando con Thanos.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL