XXIX Festival de Jazz de Lugo, do 9 ao 16 de novembro do 2019

Paris Monster

Josh Dion / Geoff Kraly
Sábado 16 de Novembro
23:59 H
Club Clavicémbalo10 € (Entrada para os dous concertos)
  • Josh Dion: batería, voz e sintetizadores
  • Geoff Kraly: baixo e sintetizador modular

A fama de Josh Dion como batería precédeo. Tras ir de xira con músicos de jazz, blues, pop, rock… e de proxección internacional, vén por primeira vez a España con Paris Monster. Teñen, para vivir, Nova York e, para xirar, o mundo todo.

Empregando elementos do funk e o soul, Paris Monster elimina os obstáculos potenciais do pop maila música electrónica e o son de garaxe, entre o actual e o old school.

Ata posúe entrada propia no dicionario imaxinario da música: «Mecanismo preciso, complexo e sofisticado cunha técnica instrumental monstruosa. Desenvolve un son que podería converterse na nova raíz do rock americano». Pouca cousa.

O seu directo é espectacular, coa forza arrasadora, grande estilo e bo gusto de Josh Dion e o son rotundo e garaxeiro de Geoff Kraly. ¡Só dúas persoas emitindo tantas ondas!

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL