XXXI Festival de Jazz de Lugo, do 5 o 21 de novembro do 2021

Perico Sambeat Ensemble Plays Zappa

Sábado 20 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190615.00 €

Perico Sambeat Ensemble Plays Zappa

Perico Sambeat Plays Zappa é un dos espectáculos máis atractivos e elaborados da actualidade jazz neste país. Editado discográficamente no 2017, acadou un éxito indiscutible en tódolos escenarios e grandes festivais nos que foi representado. Un magnífico traballo realizado con todo o rigor e a profesionalidade dun ensemble de importantes músicos valencianos que dan vida a un excepcional repertorio proveniente da obra do carismático músico e compositor norteamericano Frank Zappa, a cal son quen de trasladar a territorios jazzísticos sen ela perder un ápice da natureza primordial. Perico Sambeat: sobranceiro músico de jazz; saxofonista español de maior proxección internacional que reúne polo menos vinte anos de traxectoria profesional. Nunha vintena de discos, líder, en máis dun cento, colaborador. Destacan os seus traballos con grandes figuras como Brad Mehldau, Kurt Rosenwinkel, Tete Montoliu, Michael Brecker, Pat Metheny, Dave Douglas, George Colligan, Eddie Henderson, Bruce Barth, Wallace Roney e un longo etcétera sen abreviar

  • Perico Sambeat , saxo alto
  • Javier Vercher, saxo tenor
  • Voro García, trompeta
  • Carlos Martín, trombón
  • Iván Cebrián, guitarra
  • David Cid, pianos
  • Julio Fuster, contrabaixo
  • Miquel Asensio, batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL