Pocket Corner

O grupo Pocket Corner
é un dos principais e máis lonxevos da escena free jazz en Noruega. Creado e dirixido polo trompetista Didrik Ingvaldsen no 1986, co decorrer dos anos converteuse nunha verdadeira institución pola que pasaron moitos dos actuais músicos do avant-garde noruegués como Paal Nilssen-Love entre outros. Herdeiros do son free creado por Ornette Coleman, impregnan a súa música de elementos do jazz nórdico e da improvisación máis libre.
O curriculum de Didrik Ingvaldsen inclúe unha extensa formación en Noruega, Leeds (UK) e Nova York (Juliard), o traballo como profesor na súa cidade natal Stavanger desde hai máis de 30 anos e unha extensísima lista de publicacións, discos, grupos e colaboracións.
- Didrik Ingvaldsen: trompeta
- Glenn Brun Henriksen: saxo alto
- Aleksander Grønstad: guitarra
- Ståle Birkeland: batería
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL