XXX Festival de Jazz de Lugo, do 1 o 15 de novembro do 2020

Por mí Swing

Ciclo "Camiño ao XXX Festival de Jazz de Lugo"
Sábado 1 de Agosto
21:00 H
Club ClavicémbaloEntrada: 10€ con cervexa 1906 incluída (*)

*Entrada: 10€ con cervexa 1906 incluída (ou auga, refresco ou similar) Agrupación especializada na música swing dos anos trinta, corenta e cincuenta. O swing, que fora entendido como un estilo dentro do xénero jazz, axiña acadou a consideración de xénero que engloba non poucos estilos, cada un co seu baile asociado, todos eles moi populares en Occidente na primeira metade do século XX. Falamos de lindy hop, claquette , balboa, charleston, collegiate shag, etc., estilos que rexorden nos anos oitenta e gozan hoxe, novamente, de gran popularidade. POR MÍ SWING nace ao socairo de SwingJazzLugo como resposta ao desexo de dispoñer de música en directo nas festas e eventos swing que organiza o devandito colectivo. O repertorio de POR MÍ SWING comprende grandes obras do swing máis clásico sen descoida-las novas tendencias como o NEOSWING e mailo ELECTROSWING.

Raquel López Cendán (Rachel), Ollalla Caamaño Lòpez, Miguel Basanta Bal (Basi): voces

Diana Abad: contrabaixo

Miguel Martínez Rodríguez (Rulos): saxo, clarinete

Kike López Cendán: saxo

Manuel Varela Bello: piano

Antonio Vázquez Seoane (Toni): batería

Miguel Rodríguez Blanca (Mike Spinelli): guitarra

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL