XXVII Festival de Jazz de Lugo

Por mí, Swing + O Sister!

Concerto doble (Café Swing para toda a familia)
Domingo 12 de Novembro
18:00 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €

O Sister!

O grupo de swing O Sister! recrea o esplendor deste xénero musical nas décadas de 1920 e 1930. Presenta o terceiro LP, que supón un fito na súa traxectoria ao incluír non só a interpretación e os arranxos sobre cancións desa idade de ouro do jazz, senón tamén unha serie de composicións propias e a evolución do seu son cara ao jazz primixenio, o dixieland. A banda foi adquirindo e integrando este estilo no repertorio desde a súa xira por Nova Orleáns (EEUU), a finais do 2014, seguida de actuacións en festivais internacionais de Grecia, Dinamarca, Suecia e, recentemente, Malaisia. Prestixiosas citas ás que engadi-los douscentos concertos superados en algúns dos máis relevantes eventos e escenarios nacionais como os festivais de jazz de Vitoria e Madrid e as salas Clamores, Café Central (Madrid) e Jamboree (Barcelona).

  • Paula Padilla, Helena Amado e Marcos Padilla: voz
  • Matías Comino: guitarra
  • Camilo Bosso: contrabaixo
  • Pablo Cabra: batería

POR MÍ SWING

Agrupación especializada na música swing dos anos trinta, corenta e cincuenta. O swing, que fora entendido como un estilo dentro do xénero jazz, axiña acadou a consideración de xénero que engloba non poucos estilos, cada un co seu baile asociado, todos eles moi populares en Occidente na primeira metade do século XX. Falamos de lindy hop, claquette , balboa, charleston, collegiate shag, etc., estilos que rexorden nos anos oitenta e gozan hoxe, novamente, de gran popularidade. POR MÍ SWING nace ao socairo de SwingJazzLugo como resposta ao desexo de dispoñer de música en directo nas festas e eventos swing que organiza o devandito colectivo. O repertorio de POR MÍ SWING comprende grandes obras do swing máis clásico sen descoida-las novas tendencias como o NEOSWING e mailo ELECTROSWING.

  • Raquel López Cendán (Rachel), Ollalla Caamaño Lòpez, Miguel Basanta Bal (Basi): voces
  • Evaristo Frieiro Soto: contrabaixo
  • Miguel Martínez Rodríguez (Rulos): saxo, clarinete
  • Manuel Varela Bello: piano
  • Antonio Vázquez Seoane (Toni): batería
  • Miguel Rodríguez Blanca (Mike Spinelli): guitarra

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL