Raúl Rodríguez

- Raúl Rodríguez: voz, tres eléctrico e tres flamenco
- Pablo Martín-Jones: batería e outros instrumentos de percusión
- Juanfe Pérez: baixo e coros
- Marco Aguilar: baile flamenco
Raúl Rodríguez presenta A Raíz Eléctrica, segundo traballo en solitario do artista sevillano, aventura na que conviven con naturalidade xéneros como o afrobeat, o flamenco, a psicodelia, o son cubano, os ritmos voodoo haitianos, o rock andaluz e a canción de autor americana creando un novo territorio sonoro intercultural, o afroflamenco eléctrico, que atravesan fíos condutores de baile flamenco. Trala súa edición o pasado setembro nun espléndido formato libro disco con portada de Javier Mariscal, prólogo de Santiago Auserón e colaboracións musicais como a do mesmísimo artista norteamericano Jackson Browne entre outros, a obra non deixou de recibir inmellorables críticas e recoñecementos de prensa e público, nacionais e internacionais.
11 Novembro 21:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL