Ray Gelato & The Giants

Ray Gelato & The Giants
Só existe un Ray Gelato!
Ray amosa o seu estilo único de _swing, jazz e R&B_ polo ancho mundo desde 1988. Cantante, saxofonista, compositor… Foi convidado aos meirandes festivais internacionais e clubs de jazz de Nova York a Tokio. Xa pasan de vinte e cinco os anos durante os que Ray Gelato & The Giants levaron e seguen levando o seu xenuíno swing a melómanos do planeta todo.
Ray Gelato, o Padriño do Swing, e a súa lendaria banda, The Giants, inundan de enerxía unha audiencia que nunca para de bailar e sempre pide máis. Pódeno certificar desde a raíña de Inglaterra, para quen ten actuado en dúas ocasións, ata Sir Paul McCartney, que elixiu a Ray para anima-la súa voda.
The Big Sound (2019) é, polo momento, o último disco de Ray, presentado nas mellores salas e nos meirandes festivais jazz de Europa
- Ray Gelato, voz e saxo tenor
- Danny Marsden, trompeta
- Andy Rogers, trombón
- Olly Wilby, saxo tenor y saxo alto
- Gunther Kurmayr, piano
- Manuel Álvarez, contrabaixo
- Ed Richardson, batería
1 Abril 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL