XXVI Festival de Jazz de Lugo

Raynald Colom Quartet

Steel
Venres 18 de Novembro
23:59 H
Club Clavicémbalo10.00 € (2M + Raynald Colom Quartet)

Colom é, a pesar da súa xuventude, un dos trompetistas máis consolidados no ámbito estatal e internacional da escena. Colaborou entre outros con: David Sánchez, Duquende, Manu Chao, Horacio Fumero, Perico Sambeat, Michael Janisch, Greg Osby e Mulgrew Miller. No 2005 Fresh Sound New Talent publicou - My 51 Minuts, o seu primeiro álbum como líder. Despois de publicar un segundo disco no 2008, en 2009 presenta Evocación, o seu traballo máis ambicioso, que lle permitiu unir flamenco e _- jazz _contemporáneo desde o propio punto de vista (escollido mellor disco de jazz español do 2010 por Cuadernos de Jazz). Colom ten actuado en moitos festivais de jazz e en salas de medio mundo. A Associació de Músics de Jazz i Música Moderna de Catalunya nomeouno millor trompetista nos anos 2002, 2004 e 2005; recibiu o Premi Puig-Porret en 2010. No 2012 publica Rise (disco revelación en Jazz Magazine), o seu cuarto disco, no que demostra, segundo Cuadernos de Jazz: «un jazz sólido, fresco e polivalente». Nesta ocasión preséntano-la súa agrupación máis recente, Steel Quartet, que achega un son agresivo e contemporáneo mesturando sons de flamenco, rock e black american music, o cal supón un cambio radical no son de Colom.

  • Raynald Colom: trompeta
  • Roger Mas: piano
  • Paco Charlín: contrabaixo
  • Miguel Lamas: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL