XXIX Festival de Jazz de Lugo, do 9 ao 16 de novembro do 2019

Ron Carter "Foursight" Quartet

Xoves 14 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €

Ron Carter "Foursight" Quartet

  • Ron Carter: contrabaixo
  • Renee Rosnes: piano
  • Jimmy Greene: saxo tenor
  • Payton Crossley: batería

O Foursight Quartet de Ron Carter bátese en concerto con música gravada en varios discos: por unha banda, estándares que se poden encontrar no seu álbum Dear Miles, pola outra, diferentes composicións orixinais creadas ao longo da súa carreira.

Durante seis décadas, o contrabaixista intelixente e simpático de Ferndale, Michigan, foi considerado un dos máis importantes, creativos e brillantes representantes da súa profesión e o máis gravado na historia do jazz, cerca de dous mil cincocentos discos nos que colaborou coa súa filosofía de absoluta profesionalidade e fiabilidade, converténdose nun modelo para xeracións enteiras de músicos de jazz.

Ron Carter gravou os primeiros discos con colegas como Eric Dolphy e Don Ellis a principios da década dos sesenta e deixou unha nidia influencia formativa no jazz moderno. Máis tarde fixo indelebles logros no lendario quinteto de Miles Davis. Ten traballado con Gil Evans, Cannonball Adderley, Freddie Hubbard, Quincy Jones, Roberta Flack, Chet Baker, Antonio Carlos Jobim, Jim Hall, Herbie Hancock e McCoy Tyner; tamén con James Brown, Paul Simon e Aretha Franklin. En solitario e con grandes bandas.

Profesor de varias xeracións de músicos de jazz, gañou un tremendo prestixio no City College de Nova York e na venerable Juilliard School of Music.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL