XXVIII Festival de Jazz de Lugo

Sarah McKenzie

concerto 1906
Domingo 18 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €

A pianista, vocalista e compositora australiana, graduada en Estados Unidos (Berklee College of Music de Boston) e establecida en París Sarah McKenzie, unha das máis brillantes novas figuras do jazz internacional que xa nos cativaba cos seus primeiros títulos en Australia —Don’t Tempt Me (2011) e Close Your Eyes (2012). ABC Records— e que gañaba co primeiro disco para Impulse o premio a mellor de jazz vocal australiano no 2015, vén de edita-lo seu cuarto álbum, Paris In The Rain, e de reafirma-lo talento demostrado. Paris In The Rain é o seu segundo traballo co mítico selo discográfico Impulse —no que John Coltrane gravou os mellores discos—, nel volve contar coa produción de Brian Bacchus, produtor de Liz Wright, Gregory Porter e Norah Jones, e achega un estilo persoal a clásicos do jazz combinados con composicións propias como a mesma «Paris In The Rain». McKenzie consegue prover dun aire fresco e moderno o son procedente dos cincuenta popularizado por Frank Sinatra, Ella Fitzgerald e Nat King Kole, ao que rende tributo a canción «Onward And Upward», nun disco no que amosa o seu lado máis intimista con temas como «Triste» de Antônio Carlos Jobim. O seu talento, elegancia e honestidade musical conquistan o público desde o primeiro momento. Directo inesquecible.

Sarah McKenzie: voz e piano

Hugo Lippi: guitarra

Pierre Boussaguet: contrabaixo

Sebastiaan de Krom: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL