XXVIII Festival de Jazz de Lugo

Saxophobia Funk Project

Sábado 17 de Novembro
23:55 H
Club Clavicémbalo10 € (Entrada para os dous concertos)

Cristian Sorribas: saxo alto; Alberto Moreno: saxo tenor; Juanjo Monserrat: guitarra; Joel Ródenas: baixo; Miquel Marquet: batería.

Saxophobia Funk Project nace no ano 2012 coa idea de fusionar un cuarteto clásico de saxofóns cunha base rítmico-harmónica máis propia do funk ou do jazz. Deste experimento xurdiu un grupo que constaba, nun principio, de saxofón soprano, saxofón alto, saxofón tenor e saxofón barítono arroupados por guitarra eléctrica, baixo eléctrico, teclado e batería. A banda facía versións nos seus inicios e gravou a súa primeira maqueta nos estudios Sa Kaseta Records o mesmo ano da súa creación. A maqueta contaba con seis temas de grandes autores como Duke Ellington, Youngblood Brass Band e Maceo Parker entre outros e con ela Saxophobia consegue abrirse paso no panorama musical balear. No 2015, grava o seu primeiro EP titulado On Air co que realiza varias xiras pola Península...

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL