cartel XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022

Sheila Jordan

Xoves 10 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo12.00 €. Reservas: club@clavicembalo.com / compras: woutick.es

Sheila Jordan

Sheila Jordan —18 de novembro do 1928, Detroit— é un mito do jazz en activo. A principios dos anos cincuenta instálase en Nova York e coñece a Charles Mingus e a Max Roach. Mingus presentoulle o pianista Lennie Tristano, co que estudou durante tres anos que lle axudaron a mellora-lo seu fraseo escoitando a Lester Young e Parker. O loft de Sheila na rúa 26 de Manhattan revélase lugar perfecto para jam sessions nocturnas frecuentadas polo último. Saía con Charlie habitualmente e ía ós seus concertos; con frecuencia, Bird, que apreciaba o son e estilo orixinais de Jordan, anunciábaa como «a cantante cun oído dun millón de dólares». Adornan a moi extensa carreira que atesoura centos de actuacións nos clubs de Nueva York e os festivais de todo o mundo e máis de vinte gravacións discográficas coa súa sinatura. Desde os anos noventa dedica gran parte do seu tempo á educación de novas voces.

  • Sheila Jordan: voz
  • José Carra: piano
  • Bori Albero: contrabaixo

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL