cartel XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022

Steve Turre Quintet

Martes 15 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo12.00 €. Reservas: club@clavicembalo.com / compras: woutick.es

STEVE TURRE QUINTET

Innovador sobranceiro do jazz, o trombonista e trompeta de caracol Steve Turre, gañou sistematicamente as enquisas de lectores e críticos de JazzTimes, Downbeat e Jazziz ó mellor trombón e ó mellor instrumentista diverso (cunchas mariñas). Turre naceu de pais mexicoamericanos e creceu na zona da baía de San Francisco, onde absorbeu doses diarias de mariachi, blues e jazz. Mentres asistía á Universidade Estatal de Sacramento, uniuse á banda de salsa Hermanos Escovedo, o que deu inicio á súa carreira nese xénero. Tralos seus primeiros pasos na banda de Ray Charles e os Jazz Messengers de Art Blakey pasou a traballar cunha variada lista de músicos do mundo do jazz, o latin e o pop, como Dizzy Gillespie, McCoy Tyner, J. J. Johnson, Herbie Hancock, Lester Bowie, Tito Puente, Mongo Santamaría, Van Morrison, Pharoah Sanders, Horace Silver, Max Roach e Rahsaan Roland Kirk. Este último introduciu o zunido no abanico sonoro do caracol de mar entendido como instrumento. Pouco despois, cando estaba de xira en Ciudad de México con Woody Shaw, os familiares de Turre informárono de que os seus devanceiros tamén tocaban os cornos de cuncha. Desde entón, Turre incorporou o caracol ó seu variado estilo musical. Desde 1984 é membro da Saturday Night Live Band.

  • Steve Turre: trombón
  • Davis Alexander: piano
  • Benjamin Solomon: saxo tenor
  • Dishan Harper: contrabaixo
  • Orion Turre: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL