XXVI Festival de Jazz de Lugo

The Cookers

Billy Harper, Eddie Henderson, Cecil McBee, Billy Hart, Craig Handy, David Weiss & Danny Grissett
Venres 18 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €

The Cookers son as palabras que xuntan a sete veteranos jazzistas de auténtica lenda, todos coas súas longas e avultadas carreiras ás costas e cos seus nomes xa entronizados nos altares da historia do jazz. Os tales nomes sitúanse inmediatamente, sen dúbida ningunha, a continuación dos dos creadores do xénero, eses Max Roach, Art Blakey, Sonny Rollins, Joe Henderson, Freddie Hubbard, Dexter Gordon, Art Pepper e Herbie Hancock aos que todo afeccionado idolatra. The Cookers levan xa sete anos de vida con cambios mínimos e varios discos (o total de discos gravados polos seus integrantes individualmente, como líderes ou acompañantes, chega á bagatela dun milleiro!). O grupo xuntouse no 2007 para homenaxea-lo disco de Freddie Hubbard Night of the Cookers reunindo o mellor do hard bop, o post-bop e o jazz modal. Era un septeto formado por Billy Harper, Cecil McBee, Eddie Henderson, George Cables e Billy Hart que comezaron a súa carreira musical a mediados dos 60 ‒un período no que se transformaron as dimensións do hard bop‒ e aos que se uniron David Weiss e Craig Handy; un conxunto de líderes cunha música cualificada como impoñente e chea de profundidade. Hart e Henderson foron membros do innovador grupo Mwandishi liderado por Herbie Hancock. Cecil McBee estivo con Charles Lloyd no seu cuarteto, do que tamén formaban parte Keith Jarrett e Jack DeJohnette. Pola súa banda, Billy Harper integrou o último grupo de Lee Morgan, ademais de ser membro do Cuarteto de Max Roach e dos Jazz Messengers de Art Blakey, mentres que Danny Grissett acompañou a Tom Harrell, Nicholas Payton, George Coleman, Jackie McLean e Benny Golson. David Weiss e Craig Handy contan coa experiencia adquirida ao tocar con Art Blakey, Elvin Jones, Bobby Hutcherson, Freddie Hubbard, Joe Henderson, Roy Haynes e Herbie Hancock.

  • Billy Harper: saxo
  • Craig Handy: saxo
  • Eddie Henderson: trompeta
  • David Weiss: trompeta
  • Danny Grissett: piano
  • Cecil McBee: contrabaixo
  • Billy Hart: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL