XXIX Festival de Jazz de Lugo, do 9 ao 16 de novembro do 2019

The Dirty Dozen Brass Band

From New Orleans
Mércores 13 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €
  • Roger Lewis: saxo barítono e voz
  • Kevin Harris: saxo tenor e voz
  • Gregory Davis: trompeta e voz
  • Kirk Joseph: sousaphone
  • TJ Norris: trombón
  • Julian Addison: batería e voz
  • Takeshi Shimmura: guitarra

Dirty Dozen Brass Band é a brass band de Nova Orleans por antonomasia, así os seus concertos desprenden sempre o recendo da apoteose musical que se vive na cidade por moitos considerada orixe do jazz.

Sumados corenta e dous anos de historia, doce discos de estudio e aclamadas colaboracións con figuras como Elvis Costello, Widespread Panic e Norah Jones, este tesouro nacional ten o mérito persistente de abanea-la noción tradicional das brass bands de Nova Orleans dotándoa de funk, bebop, rhythm & blues e outras especias dun gumbo único e ben saboroso.

Cos membros históricos Roger Lewis, Gregory Davis e Kevin Harris na formación e tras arrasar por enésima vez no Jazz & Heritage Festival de Nova Orleans, a Dirty Dozen Brass Band repite por fin España e trae a misión de facernos move-lo corpo a ritmo de himnos como «My Feet Can’t Fail Me Now». Círculo das Artes de Lugo chámase o lugar pero podería chamarse perfectamente Tipitina's ou igual que calquera dos clubs do Barrio Francés, porque esta noite o Salón Rexio será un recuncho máis de Nova Orleans. Queda dito e repetido.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL