XXXI Festival de Jazz de Lugo, do 5 o 21 de novembro do 2021

The Machetazo

AIEnRUTa-Jazz
Sábado 20 de Novembro
23:00 H
Club Clavicémbalo8.00 €

The Machetazo

Conxunto musical fundado por cinco xoves músicos de jazz contemporáneo establecidos en Madrid. As pezas que interpretan enraízan principalmente no jazz pero son independentes, en certa maneira, das convencións do xénero ao estar arranxadas e interpretadas cun enfoque e sentimento inéditos no mesmo. A diferenza doutros artistas que se presentan co nome do seu líder, eles considéranse unha «verdadeira» banda, polo que o fan cun nome propio que transmite a forza da súa música e dos seus directos así como a pretensión de racha-los prexuízos estilísticos.

The Machetazo é un grupo instrumental con influencias moi diversas, unha sobria raíz jazz e moita aventura contemporánea. Alí onde a improvisación cohabita.

Jorge Castañeda, piano Nacho de Frutos, guitarra Daniel Juárez, saxo tenor Dario Guibert, contrabajo Mikel Urretagoiena, batería.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL