XXVI Festival de Jazz de Lugo

Tumbando a Monk

Xoves 17 de Novembro
23:30 H
Club Clavicémbalo5.00 €

Sexteto de latin jazz, formado en Cádiz, que amosa gratitude, respecto e admiración cara a un dos personaxes máis influentes e estrambóticos da historia do jazz: Thelonious Monk. Sérvese de temas propios e de composicións deste insigne pianista para transmiti-lo seu espírito. Esta homenaxe, grazas á fantasía multicolor que a baía de Cádiz evoca, acaba xuntando os ritmos latinos e o jazz. Neste traballo aparecen once temas con xéneros diversos: mozambique, merengue, guagancó, songo, chachachá, bolero, danzón, bomba, bembé, abakuá, afro, reggae, tango. Non podía faltar, nun tributo coma este, unha posta en escena peculiar e divertida tratando de rememora-lo extravagante comportamento do peculiar xenio.

  • Julián Sánchez: trompeta, fliscorno e percusións
  • Javier Galiana: piano
  • Malick Mbengue: congas e caixón
  • Javier Bermúdez: baixo eléctrico
  • Juan Sainz: batería
  • Pedro Cortejosa: saxo tenor e percusións

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL