Vincent Herring & Joe Magnarelli Quintet

Vincent Herring & Joe Magnarelli Quintet
Remembering Lee Morgan
No cincuenta aniversario da morte de Lee Morgan, trompetista esencial na historia do jazz, nace a idea de renderlle homenaxe interpretando as súas composicións e recreando o seu propio son da época dourada do hard bop.
Alén de destacar pola moi relevante faceta de compositor, Vincent Herring pode considerarse un dos grandes saxofonistas das últimas décadas. Nos oitenta instalouse en Nova York, cidade na que iniciou dúas longas e frutíferas relacións artísticas: a primeira co trompetista Nat Adderley, a segunda co pianista Cedar Walton. Herring desenvolveu unha carreira en solitario que o eleva a jazzista imprescindible do noso tempo, tamén colaborou cunha interminable lista de grandes do xénero, desde os lendarios Art Blakey's Messengers ata Kenny Barron, Nancy Wilson e Jack De Johnette.
Ó longo do seus corenta anos de carreira, o trompetista Joe Magnarelli distínguese por ser un dos principais instrumentistas, compositores e educadores do jazz. Desde os seus inicios na orquestra do histórico vibrafonista Lionel Hampton, colaborou con innumerables personalidades da música; entre moitas outras, Ray Barretto, Jack McDuff, Aretha Franklyn, Dr. John, Paquito D’Rivera, Jerry Bergonzi e Louie Bellson. Os seus concertos e a súa extensa discografía confírmano peso pesado da trompeta actual.
- Vincent Herring: saxo tenor
- Joe Magnarelli: trompeta
- Peter Zak: piano
- Ignasi González: contrabaixo
- Joris Dudli: batería
19 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL