XXXI Festival de Jazz de Lugo, do 5 o 21 de novembro do 2021

Viruxe

Electric Trío
Sábado 13 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo.

Viruxe

Viruxe Electric Trío destaca por incorpora-la electrificación nun instrumento de natural acústico como a batería, por concentrar nos teclados o papel do solista e mailo acompañante, que xeralmente se separarían incluíndo a un baixista, e por electrificar, así mesmo, a guitarra máis alá do habitual no jazz. Fornece deste xeito cores e instantes que evolucionan dun concepto clásico para introducírense sen prexuízos no terreo da fusión e do _rock _progresivo

  • Alfredo García, guitarra
  • Bruno Couceiro, batería e octapad
  • Iago Mouriño, teclados

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL