WAYNE ESCOFFERY QUARTET

27 de maio 2023: WAYNE ESCOFFERY Quartet
Camiño ao XXXIII Festival de Jazz de Lugo
Club Clavicémbalo, 22:30h
- WAYNE ESCOFFERY, saxo tenor
- DAVID KIKOSKI , piano
- UGONNA OKEGWO, contrabaixo
- MARK WHITFIELD JR., batería
Wayne Scoffery é un dos saxofonistas máis talentosos da súa xeración. Estudou na Hartt School coa lenda do saxofón Jackie McLean, e máis tarde no prestixioso Thelonious Monk Institute of Jazz. Conseguiu un dos postos máis cobizados do jazz: primeira liña no quinteto de Tom Harrell, mestre de trompeta co que percorreu o mundo e gravou sete discos. Ao longo dos anos gravou e tocou con grandes do jazz como Ron Carter, Herbie Hancock, Jimmy Cobb, Abdulah Ibrahim, Eric Reed e Al Foster, entre outros.
Adóitase dicir que as grandes mentes pensan igual, pero as grandes bandas logran algo aínda máis alquímico e iso é o que pasa con este cuarteto. Críticos especializados cualificaron a técnica de Escoffery como "excelente" e o seu son como "unha mestura contemporánea de influencias de Coltrane, Shorter e Henderson".
Unha das grandes figuras do jazz mundial, o saxofonista Wayne Escoffery foi gañador en 2014 dun Grammy e do Premio da Crítica da revista Downbeat.
2 Xuño 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL