XXIX Festival de Jazz de Lugo, do 9 ao 16 de novembro do 2019

Xacobe Martínez Antelo Trío

Venres 15 de Novembro
23:30 H
Club Clavicémbalo10 € a entrada para os dous concertos
  • Xacobe Martínez:contrabaixo
  • Xosé Miguélez: saxo tenor
  • Max Gómez:batería

Cuarto traballo discográfico de Xacobe Martínez Antelo como líder. Despois de “Isto é Jazz” (2005), “Xacobe Martínez Antelo Trío” (2008) e “Jazz from Galiza” (2010), o prolífico contrabaixista de Compostela presenta “CAPTURAS” (2019) Traballo profundo, maduro, absolutamente ancorado no presente, e que rebosa música polos catro costados. Oito composicións orixinais inspiradas en feitos cotiás e realidades que nos agreden, que nos acompañan, ou que forman parte do noso contexto vital.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL