XXX Festival de Jazz de Lugo, do 1 o 15 de novembro do 2020

Yamandú Costa

Luns 9 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €
  • Yamandú Costa: guitarra de sete cordas

É referencia mundial que domina e inventa cada actuación Yamandu Costa, un dos maiores talentos brasileiros de guitarra. Quen o ve no escenario percibe a súa incrible destreza, a súa paixón polo instrumento e pola arte. A creatividade musical que o caracteriza desenvólvese libremente mediante unha técnica perfecta. Capaz de explorar tódalas posibilidades da guitarra de sete cordas, de renovar antigos temas e de presentar composicións de intenso brillo nunha posta en escena sempre apaixonada e contaxiosa. Yamandu viaxa a destinos moi diversos polo mundo, entre os músicos no Brasil, o que máis xira fóra do país. Colaborou con orquestras e directores principais: Orchestre National de France, Orchestre de Paris, Orchestre Philharmonique de Monte-Carlo, MDR Sinfonieorchester —Leipzig—, Belgian National Orchestra, Rotterdams Philharmonisch Orkest, Calgary Philharmonic Orchestra, Queensland Symphony Orchestra, Adelaide Art Orchestra, Orquestra Sinfônica Brasileira, Orquestra Sinfônica da UFMT —Mato Grosso—, Orquesta Nacional de Música Argentina; Kurt Masur, Kristjan Järvi, Alondra de Parra, Roberto Minczuk, Leandro de Carvalho...

Fixo música con artistas recoñecidos: Bobby McFerrin, Baden Powell, Richard Galliano, Stefano Bollani, Sylvain Luc, Stochelo Rosenberg, Alfredo Rodríguez, Edmar Castañeda, António Zambujo, Romero Lubambo, Juan Falú, Luis Salinas, Carlos Núñez, Doug de Vries, Gerardo Núñez, Vladimir Markushevich, Mayra Andrade, Carminho, Gilberto Gil, Djavan, Seu Jorge, Hermeto Pascoal, Toquinho, João Bosco, Zeca Pagodinho, Marisa Monte, Roberta Sá, Naná Vasconcelos, Hamilton de Holanda, Armandinho Macedo, Tiago Espírito Santo, Jazz Cigano Quinteto, Luis Carlos Borges, Alegre Côrrea... Entre os numerosos fitos de semellante carreira destaca, en marzo de 2020, o nomeamento de Yamandu «Embajador EXIB de la Diversidad Musical Iberoamericana para el fomento de las colaboraciones musicales en el ámbito iberoamericano. Resguardo de la memoria musical Iberoamericana».

Premios e nomeamentos: — Prêmio da Música Brasileira 2018. Melhor álbum instrumental: Quebranto. — Premios Grammy Latinos 2018. Dous nomeamentos: álbums Recanto de
Yamandu Costa e Borghetti Yamandu de Renato Borghetti & Yamandu
Costa. — Prêmio da Música Brasileira 2016. Melhor álbum instrumental: Tocata à
Amizade. — Prêmio Funarte 2013. CD Bailongo. — Premio Internacional Cubadisco 2012. CD Mafuá. — ALBA Award Mention 2012. CD Lida. — Premios Grammy Latinos 2010. Nomeamento na categoría de música
instrumental por Luz de Aurora de Yamandu Costa & Hamilton de Holanda. — Prêmio da Música Brasileira 2010. Dous galardóns: melhor álbum instrumental Luz da Aurora de Yamandu Costa & Hamilton de Holanda e
melhor solista. — Prêmio Tim 2004. Melhor instrumentista. — Prêmio Visa 2001. Melhor instrumentista.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL