XXVIII Festival de Jazz de Lugo

YellowJackets

Sábado 17 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €

Ao longo da súa historia musical, que empeza no 1977, os Yellowjackets gravaron vinte e sete álbums, recibiron dezasete nomeamentos para os Grammy Awards (dous foron os galardóns que recolleron), realizaron innumerables xiras con entradas esgotadas e gozaron do recoñecemento mundial tanto de crítica como de éxito comercial. Yellowjackets formouse na década dos setenta como banda de acompañamento para o guitarrista Robben Ford e gravou o primeiro álbum no 1980. O disco foi un grande éxito, non obstante, Robben Ford decidiu tomar unha diferente dirección musical (máis blues), así que os Yellowjackets de hoxe partiron do trío Russell Ferrante, Jimmy Haslip e Ricky Lawson. Tras varios cambios de formación, Russell Ferrante, Jimmy Haslip, Marc Russo e William Kennedy converterán Yellowjackets nun dos grupos con máis prestixio do jazz fusión. Xa nos anos noventa, o saxofonista e compositor Bob Mintzer substitúe a Russo engadindo maior credibilidade jazzistiza á banda. Yellowjackets chega aos nosos días mantendo a fama dun dos grupos de jazz máis influentes e respectados. A última incorporación é o baixista Dane Alderson, oriúndo de Sydney, Australia, e residente nos Estados Unidos. Dane achegou nova enerxía á banda e un enfoque único e xove á súa música. Medrou escoitando os Yellowjackets sen saber que un bo día se uniría a eles.

Russell Ferrante: teclados

Bob Mintzer: saxo

Will Kennedy: batería

Dane Alderson: baixo

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL