Andres Coll Cosmic Trío

heading text
- Andrés Coll, marimba, piano e castañuelas
- Mateusz Smoczyński, violín
- Sebastian Wolfgruber, batería
Ride to Heaven é o segundo álbum do novo talento ibicenco Andrés Coll, discípulo do lendario pianista alemán Joachim Kühn; a estreita amizade e a colaboración entre ambos marcaron decisivamente a traxectoria artística de Coll.
O Andrés Coll Cosmic Trio está formado por Coll á marimba, ao piano e ás castañuelas; Mateusz Smoczyński, recoñecido violinista e compositor polaco que tende pontes entre o jazz e a música clásica; e Sebastian Wolfgruber, destacado batería de jazz, compositor e improvisador alemán que se consolidou como unha das figuras máis activas e aclamadas da escena do jazz contemporáneo en Alemaña.
De principio a fin, o álbum desenvólvese como unha viaxe cósmica a través de temas humanos universais: a valentía, a chamada da natureza, a esperanza, as despedidas e o espírito de aventura. Ride to Heaven funciona á vez como título e como mensaxe: unha invitación a avanzar cara ao propio destino con alegría e coraxe, e a abrazar a vida na súa totalidade sen medo. Con este traballo, o trío presenta o seu novo son, o "Avant-Groove": unha audaz mestura de liberdade, ritmo e profundidade musical, nun constante ir e vir entre a terra (Ibiza) e o cosmos.
13 Novembro 23:45 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL



















