cartel XXXIII Festival de Jazz de Lugo, do 3 ó 19 de novembro do 2023

Baldo Martínez Sexteto

"Música Imaginaria"
Xoves 16 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 1906Entrada de balde - É preciso retirar o convite na caseta do Festival

Música Imaginaria é unha Produción do Festival de Jazz de Vitoria


Organiza:


Na súa edición de 2023 o Festival de Jazz de Vitoria outorgou carta branca ao músico galego Baldo Martínez para crear e desenvolver unha composición concibida como viaxe polo seu universo musical, desde o folklore máis arcaico ata a libre improvisación no seu estado máis puro, pasando polo jazz contemporáneo europeo. Música imaginaria estreouse en Vitoria coincidindo coa inauguración dos concertos en Mendizorrotza. O espectáculo, pensado para o Festival de Jazz de Vitoria-Gasteiz, que podemos gozar no Festival de Jazz de Lugo e que terá continuidade proximamente no Auditorio Nacional, valoriza o espazo fantástico das persoas, e, moi particularmente, dos músicos. «A imaxinación é o motor de todo o que creamos co son: a música». Para interpretar esta obra, Baldo Martínez rodeouse de seis destacados instrumentistas da escena jazzística española e portuguesa: Joâo Barradas, Andrés Coll, Julián Sánchez, Juan Saiz e Lucía Martínez.

Música imaginaria está inspirada en distintas correntes da vangarda jazz. Por unha banda, a norteamericana, con puntos de referencia como Tim Berne, Sylvie Courvoisier & Mark Feldman e a meirande parte do movemento arredor da figura de John Zorn. Por outra, correntes europeas do jazz contemporáneo nas que se encadrarían, por exemplo, os últimos traballos do batería suízo Daniel Humair, nos que o acordeón adquire grande importancia ao igual que en Música imaginaria e que constrúen unha ponte entre a música tradicional/folklórica e a música contemporánea. Neste punto cómpre citar, asemade, os casos de Jean-Louis Matinier e Vincent Peirani, quen colabora co mencionado Humair. Outros músicos influentes na susodita tendencia serían Henry Texier, Louis Sclavis e Arild Andersen.

  • Joâo Barradas: acordeón (Portugal)
  • Julián Sánchez: trompeta e fliscorno (Andalucía)
  • Juan Saiz: frauta e saxos (Cantabria)
  • Andrés Coll: vibráfono e marimba (Baleares)
  • Lucía Martínez: batería e outros instrumentos de percusión (Galicia)
  • Baldo Martínez: contrabaixo, composición e dirección (Galicia)

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL