Camille Thurman & the Darrell Green Quartet

Camile Thurman, estrela emerxente orixinaria de Nova York, foi precisamente así nomeada, no que atangue a saxo tenor e voz, pola revista Downbeat (2022). Baixo a tutela doutra saxofonista, Tia Fuller, descubría a outra faceta pola cal ha ser recoñecida e respectada internacionalmente: a de cantante. Queda finalista no concurso vocal internacional Sarah Vaughan no 2013. Os seus propios álbums: Origins (2013), Spirit Child (2014), Inside the Moment (2017) e Waiting for the Sunrise (2019), unha colección de estándares e composicións orixinais, demostraron as súas habilidades de cantante e instrumentista incriblemente dinámica. Distínguese por ser unha intérprete extraordinaria igualmente como parte da Jazz at Lincoln Center Orchestra de 2018 a 2020 e participa en festivais notables de todo o orbe, incluídos The Kennedy Center, Rose Theatre, Winter Jazz Fest e The Colbert Show. Nesta ocasión Camille asociouse con Darrell Green, un batería experimentado de Nova York e un rítmico inventivo que estivo de xira e gravou con inspiradas luminarias do jazz: Cassandra Wilson, Pharoah Sanders, Dr. Lonnie Smith, Antoine Roney, Charles Tolliver, Steve Turre, Wallace Roney, Wayne Escoffery, Russell Malone e Jeremy Pelt.
- Camille Thurman: saxo e voz
- Darrell Green: batería
- Wallace Roney Jr.: trompeta
- David Bryant: piano
- Paul Beaudry: contrabaixo
15 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL