cartel XXXVI Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 14 de novembro do 2026

Do Like Sco

Homenaxe a John Scofield
Sábado 7 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo15 € a entrada para os dous concertos da noite (12€ anticipada en Woutick)
  • Jorge Tojeiro, guitarra
  • Sergio Guzmán, guitarra
  • Miguel González, saxo
  • Íñigo Azurmendi, contrabaixo
  • José Ángel Sánchez, batería

Este proxecto reúne músicos galegos vinculados á escena do jazz da rexión para render homenaxe a John Scofield, unha das figuras máis singulares e influentes da guitarra de jazz contemporánea. A través dun repertorio que abrangue diversas etapas da súa traxectoria, o grupo afonda nun universo musical onde conviven o jazz, o blues, o funk e o rock, tendo a improvisación e a interacción entre os músicos como elementos fundamentais. A música de Scofield —recoñecible polo seu son inconfundible e o seu enfoque único da guitarra— serve de punto de partida para unha interpretación que busca ir máis aló da mera reprodución das súas gravacións. O grupo ofrece a súa propia perspectiva sobre as composicións, explorando a súa natureza aberta, enerxética e experimental, ao tempo que reafirma a vixencia dunha linguaxe musical que segue a ser un referente para a guitarra e o jazz modernos.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL