cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Ejazz

Venres 1 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo15 € a entrada para os dous concertos da noite (12€ anticipada en Woutick)
  • Carmen Rey
  • Ángeles Dorrio
  • Marga Ramos
  • Betty Queiro

Galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de grupos vocais e coros (2019 e 2017) e tendo a voz por único instrumento, as vocalistas galegas Ejazz percorren dende o 2012 os principais clubs de jazz, salas de concertos e festivais da súa comunidade.

Á fronte da formación, en calidade de arranxista e directora musical, encóntrase a recoñecida mestra e cantadora Carmen Rey. Completan o cuarteto Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro con cadanseus proxectos en solitario e extensas traxectorias musicais.

Estamos diante unha idea de grupo atractiva e orixinal cuxo repertorio desprega sorprendentes versións a capella. Catro voces, catro personalidades, catro estilos que se funden nun harmonizados ao ritmo de jazz, soul, bossa nova, funk e rock.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL