cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Élia Bastida Trío

AIEnRUTa-Jazz
Martes 12 de Novembro
20:30 H
Casa do Saber USCEntrada de balde ata esgotar as localidades
  • Èlia Bastida, violín, saxo e voz
  • Josep Traver, guitarra
  • Juan Chamorro, contrabaixo

Èlia Bastida, nacida en Barcelona no 1995, empezou a tocar violín aos catro anos de idade. A partir dese momento, a música foi adquirindo cada vez máis importancia na súa vida até converterse na súa esencia mesma. Cursou o grao medio de violín clásico con Pablo Cortés e, aos dezasete anos, entrou na Sant Andreu Jazz Band dirixida por Joan Chamorro. Foi nesa altura cando coñeceu o mundo do jazz; apaixonouna a posibilidade de creación e liberdade que este lle proporcionaba. Máis adiante, comezou a cantar e a tocar saxofón na sección de saxos da big band; na actualidade a voz e o saxofón constitúen unha parte importante do seu set de concerto.

Ao longo da súa traxectoria na Sant Andreu Jazz Band, tocou con músicos incribles como Dick Oatts, Scott Hamilton, Joe Magnarelli, Scott Robinson, Joel Frahm, John Allred, Jon-Erik Kellso e Luigi e Pasquale Grasso; ademais, actuou en países variados (Suecia, Suíza, Dinamarca, Italia, Francia...). Gravou non menos de corenta CD, cinco deles ao seu nome: Joan Chamorro presenta Èlia Bastida, The Magic Sound of the Violin, Meraki, Èlia Bastida meets Scott Hamilton e Tribute to Stéphane Grappelli.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL