cartel XXXIII Festival de Jazz de Lugo, do 3 ó 19 de novembro do 2023

Emmet Cohen Trio

Venres 10 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190615.00 €

Aos seus trinta e un anos, o polifacético pianista e compositor de _jazz _estadounidense Emmet Cohen é unha das figuras fundamentais da súa xeración en tódalas artes relacionadas coa música. Downbeat (publicación norteamericana especializada) eloxiou o «toque áxil, o paso mesurado e o cálido vocabulario harmónico» que emprega para comunicarse cos músicos e co público, no que el describe «o nivel máis profundo de humanidade e individualidade».

Frontman do Emmet Cohen Trio e creador de Masters Legacy Series, Cohen é un artista jazz de fama internacional e un renomeado e esforzado educador musical. No 2019 obtivo o primeiro premio nos American Pianists Awards e foi incluído como membro (Cole Porter Fellow) da American Pianists Association na modalidade Jazz. Finalista do Concurso Internacional de Piano Thelonious Monk 2011, participou nos principais festivais _jazz _internacionais e brillou nos escenarios Rose Hall do Lincoln Center, Kennedy Center de Washington e nos máis importantes clubs de _jazz _do mundo con bandas de seu.

Durante moitos anos foi tecladista residente de Hammond B-3 no club de jazz SMOKE en Harlem, Nova York. Durante o confinamento pola pandemia COVID19 creou Live From Emmet's Place, unha transmisión en directo semanal que recibiu millóns de visitas en Internet por todo o globo terrestre.

Emmet Cohen comezou a estudar piano co método Suzuki á idade de tres anos e posúe títulos de piano jazz: o Master of Music pola Manhattan School of Music e o Bachelor of Music pola University of Miami. Ademais actuou, gravou e/ou colaborou con Ron Carter, Benny Golson, Jimmy Cobb, George Coleman, Jimmy Heath, Tootie Heath, Houston Person, Christian McBride, Kurt Elling e Billy Hart.

  • Emmet Cohen: piano
  • Joey Ranieri: contrabaixo
  • Joe Farnsworth: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL