Irene Reig Trio

A barcelonesa Irene Reig é unha das representantes máis destacadas da nova xeración catalá de músicos de jazz. Enerxía, paixón e espontaneidade é o que encontramos nesta compositora e saxofonista. O trío capitaneado polo saxo de Irene complétano o contrabaixo de Pau Sala e a batería de Joan Casares. Os tres músicos deron vida a unha serie brillante de temas orixinais aos que suman versións propias dos clásicos bop e hard bop. Agora estrean o seu primeiro disco, Mira (The Changes, 2021), formado case na súa totalidade por composicións propias, pero tamén por arranxos anovadores. O repertorio, que vai desde os estándares de jazz ata o swing, recrea no oínte a sensación de estar dentro dun club de jazz cheo escoitando melodías facilmente cantables que traban entre elas interesante diálogo. O grupo atesoura unha dilatada singradura durante a que foi aportando nos seguintes, e noutros, escenarios e festivais: Jamboree Jazz Club (Barcelona), Nova Jazz Cava (Terrassa), Músics Emergents (Banyoles), Jazz Granollers Festival, The Hermitage (Ámsterdam), etc.
- Irene Reig: saxo alto
- Pau Sala: contrabaixo
- Joan Casares: batería
14 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL