Javier Vercher Cuarteto

- Javier Vercher, saxo
- Íñigo Ruiz de Gordejuela, piano
- Yandy Martínez, contrabaixo
- Al Brenes, batería
Javier Vercher é un saxofonista madrileño (nado en 1978) que recibiu a súa formación inicial en Gandía antes de estudar no Berklee College of Music grazas a bolsas da A.I.E. e da propia institución; alí profundou nos seus coñecementos de improvisación e harmonía contemporánea. Tras graduarse, instalouse en Nova York, onde colaborou con figuras destacadas do jazz e gañou o premio ao "Músico Revelación" na Bienal SGAE Tete Montoliu. Realizou xiras internacionais con Chip Taylor e Carrie Rodriguez, así como con Alejandro Sanz, actuando en escenarios importantes de Latinoamérica, os Estados Unidos e España. Desde o seu regreso a España en 2010, traballou con músicos de primeira liña da escena do jazz e publicou unha extensa discografía. Tamén compuxo bandas sonoras para documentais e, desde 2016, forma parte do profesorado de Berklee Valencia.
Iñigo Ruiz de Gordejuela é un pianista e compositor nado en Mendaro (Guipúscoa). Formouse no Conservatorio Jesús Guridi e posteriormente estudou no Berklee College of Music e no New England Conservatory grazas a bolsas, centros onde desenvolveu a súa propia voz musical. Colaborou con artistas internacionais como Donny McCaslin, Miguel Zenón e Carmen Lundy. O seu estilo combina sensibilidade melódica, sofisticación rítmica e un espírito constante de exploración creativa. Como líder de formacións, publicou álbums como Amalur, Urjauzia e Surrogate Activities Nonet. Compaxina a súa carreira interpretativa coa docencia no Conservatorio Superior de Música de Navarra.
Yandy Martínez González é un destacado contrabaixista, baixista, compositor e produtor musical cubano, recoñecido internacionalmente pola súa versatilidade técnica e o seu dominio do jazz afrocubano e dos ritmos globais. Graduado pola Escola Nacional de Música da Habana, formou parte de grupos emblemáticos como o Ernán López-Nussa Trio, Roberto Fonseca & Temperamento e Giraldo Piloto & Klimax. A súa traxectoria inclúe actuacións en escenarios de renome mundial como o Festival de Jazz de Montreux, Jazz in Marciac e o Teatro Olympia de París.
Alberto "Al" Brenes é un versátil batería e compositor español que se consolidou como un dos músicos máis innovadores e solicitados da escena do jazz e da música creativa en España. Residente en Madrid, é cofundador do aclamado proxecto de jazz vangardista Monodrama, co que publicou traballos eloxiados pola crítica, como Modern Post Mortem. A súa sólida técnica, a súa inventiva e o seu impecable sentido do ritmo levárono a colaborar con frecuencia con grandes figuras internacionais como Luis Guerra, Pepe Rivero, Chema Saiz e David Sancho, destacando no escenario pola súa capacidade para explorar paisaxes sonoras contemporáneas.
14 Novembro 23:45 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL



















