Juan Saiz Cuarteto

JUAN SAIZ CUARTETO
O selo británico Leo Records Music, un dos máis importantes dentro do jazz de vangarda, incluíu no 2016 e por primeira vez no seu catálogo un disco feito en España. Ese disco era PINDIO, un traballo de JUAN SAIZ xunto con MARCO MEZQUIDA, ÁLEX REVIRIEGO e GENÍS BAGÉS. Agora, seis anos despois, o famoso selo británico volve editar traballo discográfico de JUAN SAIZ, PINDIO II: conxunto de composicións propias e inéditas nas que o autor cultiva a liña do jazz europeo, as correntes de vangarda e a improvisación libre. Un repertorio enérxico e desenfadado que avanza por paisaxes sonoras moi variadas onde cada un dos integrantes se desenvolve con auténtica liberdade.
O frautista e saxofonista presenta o seu sexto disco á fronte dunha formación de auténtico luxo, afiuzado, outrosí, por unha traxectoria ó longo da cal editou seis discos en calidade de líder e colaborou con auténticos referentes da música europea como a violinista e cantante Iva Bittová, o trompetista Bart Maris e o contrabaixista Baldo Martínez.
- Juan Saiz: saxofón
- Marco Mezquida: piano
- Manel Fortiá: contrabaixo
- Genís Bagés: batería
18 Novembro 23:45 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL