KIKI CORTIÑAS
Un artista excepcional que consegue reunir raíces flamencas, vangarda jazz e fusión. Despois de colaborar con estrelas do panorama musical como Tomatito, José Mercé e Ketama e de percorre-los escenarios de todo o mundo ao lado dos míticos Toumani Diabaté, Javier Colina e Jorge Pardo, achégano-lo seu estilo inconfundible, pleno de intensidade, emoción e carácter. Cigano de nacemento, foi nomeado fillo predilecto da cidade e lucense do ano cando só contaba doce. A súa música transcende fronteiras. Cada acorde, cada letra, é reflexo da súa poderosa herdanza cultural enriquecida coa experiencia en diferentes xéneros musicais e o coñecemento doutras realidades culturais en xiras desde África ata Estados Unidos. A súa carreira fala por si mesma, apóiana grandes baluartes da música que distinguen o seu talento e autenticidade. Santiago Cortiñas Barrul, Kiki, cantador e compositor flamenco de Lugo, ofrécenos un concerto no que a innovación se encontra coa tradición e ilumina un espazo orixinal onde a música se sente de verdade; a verdade que vai do antigo para o moderno.
- Kiki Cortiñas: voz e guitarra flamenca
- José del Tomate: guitarra flamenca
- Joni Cortés: percusión
- Carlos Martín: baixo
- David Bao: batería
- Adrián Schinoff: piano e teclados.
9 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL