Límbico
Sábado 11 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo12 € a entrada para os 2 concertos da noite

LÍMBICO é un proxecto persoal do guitarrista e compositor Iago Marta. Partindo dunha visión jazzística e contemporánea da interpretación, as composicións oscilan entre os arranxos obrigados e a liberdade para os solistas, incorporando linguaxes estilísticas diversas propias do folque, da enerxía do rock ou da improvisación libre.
O proxecto naceu coma un trío en 2019, pero evolucionou de forma natural ata convertirse nun quinteto, gravando o seu primeiro disco en 2021. Este traballo ven de ser presentado en varios dos principais festivais de jazz de Galicia e León con boa acollida por parte de crítica e público.
- Iago Marta: guitarra
- Macarena Montesinos: violonchelo
- Héctor Agulla: batería
- Diego Alonso: saxo
- José Manuel Díaz: contrabaixo.
seguinte evento: Demo Rumudo
11 Novembro 23:45 H
11 Novembro 23:45 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL