cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Maria Schneider & Clasijazz Big Band

Solistas invitados: Rita Payés & Philippe Thuriot
Xoves 14 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario Estrella Galicia25.00 €

Maria Schneider, dirección

Philippe Thuriot, acordeón

Trompetas: Joan Mar Sauqué, Bruno Calvo, Pep Garau, José Carlos "Pepelu" Rodríguez

Trombóns: Rita Payés (+ voz), Tomeu Garcías, Miguel Moisés, Pedro Pastor

Saxofóns e madeiras: Irene Reig, Enrique Oliver, Tete Leal, Pedro Cortejosa, Francisco "Latino" Blanco

Sección rítmica:

Dahoud Salim, piano

Jaume Llombart, guitarra

Bori Albero, contrabaixo

Andreu Pitarch, batería

Quen é compositora e directora de big bands entre as máis prestixiosas do mundo une as súas forzas á Clasijazz, formada polos mellores músicos do panorama nacional. Rita Payés, Enrique Oliver, Irene Reig, Daahoud Salim, Andreu Pitarch e o acordeonista convidado Philippe Thuriot son algúns dos membros deste conxunto de dezaoito elementos baixo a atenta e maxestosa dirección de Maria Schneider.

A súa música é obxecto de respecto por críticos de todo o mundo que a din «evocativa, maxestática, máxica, incriblemente bela, imaxinativa, fascinante, ousada e máis alá de calquera clasificación». As encomendas de Maria Schneider abarcan de Jazz at Lincoln Center, á Saint Paul Chamber Orchestra, pasando polo American Dance Festival e incluíndo unha colaboración con David Bowie.

Maria Schneider é unha de poucos profesionais da música en lograr premios Grammy de varias categorías, tanto no jazz como na clásica. O seu último álbum duplo, Data Lords (2020), finalista do Premio Pulitzer, obtivo dous Premios Grammy e foi vencedor do ilustre Grand Prix de l'Academie du Jazz.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL