cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Paquito D'Rivera Trio

Entradas únicamente en Ataquilla.com
Mércores 4 de Novembro
20:30 H
Auditorio Fuxan os VentosEntradas en Ataquilla.com * (Concerto NON incluido no ABONO do Festival)
  • Paquito D’Rivera: clarinete e saxofón
  • Pepe Rivero: piano
  • Sebastián Laverde: vibráfono

Supera os 70 anos de actividade profesional este compositor e arranxista –grande amante do jazz e da música clásica– que se converteu nunha celebridade da música afrocubana e dos estándares de jazz latino moderno. Achamos en Paquito D'Rivera un mestre do clarinete así como dos saxofóns alto e soprano, un dos mellores no mundo. O músico cubano foi quen a levar, nada menos, dezaoito premios Grammy na súa cumprida andaina musical, autor como é dun gran número de composicións que denotan un abraiante dominio do improvisar, con harmonías sincopadas e orquestración virtuosa no seu estilo persoal, que abarca desde ritmos e melodías afrocubanas – incluíndo influxos captados durante as súas frecuentes viaxes – ata as propias orixes musicais.

Paquito iniciou a súa carreira de neno prodixio onde naceu, tocando clarinete e tamén saxofón coa Orquesta Sinfónica Nacional de Cuba. Fillo do saxofonista e director de orquestra Tito D'Rivera, comezou a estudar música aos cinco anos e aos sete xa actuaba diante do público e tiña asinado un contrato co prestixioso fabricante de instrumentos musicais Selmer.

Foi membro fundador e codirector, xunto co seu amigo íntimo Chucho Valdés, do anovador conxunto musical Irakere, un grupo que se distinguiu pola mixtión explosiva de jazz, rock, música clásica e música tradicional cubana.

Gañador de premios en numerosas ocasións pola súas achegas ao jazz latino e á música clásica, mesmo do famoso Especial Latin Recording Academy.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL