cartel XXXIII Festival de Jazz de Lugo, do 3 ó 19 de novembro do 2023

Rembrandt Trio

(Paises Baixos)
Mércores 8 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo

Os neerlandeses Rembrandt Trío volven a España e pasarán por Madrid, Lugo, Xixón, Valencia e Málaga para mostra-lo seu singular espectáculo. A formación nace hai quince anos e dende os seus comezos xulgouse unha das máis afamadas no _jazz_dos Países Baixos. Goza de prestixio internacional pola súa curiosidade artística e innovadoras colaboracións, sempre á procura da vangarda jazz, e emprega a súa paixón por este xénero, amais pola música clásica e a de Oriente Medio, para crear formas e sons que resultan profundamente novos á vez que universalmente atractivos. O trío actúa a maior parte das veces fóra do seu país de orixe; unha das súas actuacións máis especiais foi o concerto dobre canda o de Chick Corea no lendario club de jazz Ronnie Scott en Londres. Non quedou moi atrás o concerto inaugural do Taichung Jazz Festival en Taiwan para vinte e cinco mil entusiastas.

No 2014, a Fundación Nacional Holandesa de Instrumentos Musicais encargou a construción dun fortepiano (réplica dun Walter de 1790, o piano de Mozart) para Rembrandt Frerichs. Pouco despois Tony Overwater empezou a tocar o violone, un instrumento da familia da viola da gamba, e Vinsent Planjer principiou o seu Whisper Kit, unha colección de instrumentos históricos de distintas culturas. Cando o trío utiliza esta instrumentación, o seu son é máis suave e transparente, o que o converte nun aliado perfecto para intérpretes de música antiga e músicos de Oriente Medio. Rembrandt Trío tamén xoga un papel pioneiro na colaboración con músicos europeos como Paolo Fresu, Vincent Peirani, Norma Winstone, Verneri Pohjola, Sylvain Rifflet e Perico Sambeat por nomear uns cantos.

  • Rembrandt Frerichs: piano
  • Tony Overwater: contrabaixo
  • Vinsent Planjer: percusión.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL